Entradas

PROXECTA "DONAS DE SÍ": TEATRO DE TÍTERES

Imagen
LEVANTAMOS O TELÓN...

(Profesoras: Mª Belén González Otero e Mª Jesús Gil Castro)

Este traballo foi realizado en 1º de ESO, nas sesións de Lingua Castelá e de Titoría.

A clase organizouse en pequenos grupos para elaborar unha breve obra de teatro inspirada na vida dunha muller que destacara no mundo das ciencias.

Aquí tedes unha mostra do espectáculo!


PROXECTA "DONAS DE SÍ": A MULLER EMPRENDEDORA GALEGA

Imagen
ESTUDAMOS E ANALIZAMOS A IMPORTANCIA DA APORTACIÓN DA MULLER EMPRENDEDORA GALEGA Á SOCIEDADE...

(Profesora: Raquel Paz Meilán)

Este traballo realizouse co alumnado de 4º de ESO na materia Iniciación á actividade emprendedora e empresarial.
A finalidade que se perseguiu foi introducir a perspectiva de xénero naqueles aspectos que inciden na elección do futuro profesional do alumnado. Favorecer o desenvolvemento de actitudes e comportamentos que contribúan a eliminar actitudes sexistas e a evitar os prexuízos e estereotipos de xénero.
Baseándose en todo o anterior, o alumnado fixo un estudo e análise da aportación das mulleres emprendedoras en Galicia. Elaboraron presentacións dixitais que expuxeron ao resto da clase e comentaron as distintas conclusións ás que chegaron, recoñecendo os valores e as achegas destas mulleres á innovación cultural, científica e intelectual ou á xeración de riqueza e benestar.
Tamén valoraron os avances feitos pola figura feminina conquistando novos ámbitos…

PROXECTA "DONAS DE SÍ": ENTREVISTA A VÍCTOR POLLÁN

Imagen
COÑECENDO A MARÍA WONENBURGER...

(Profesora: Felisa Redondo Valín)



Entrevistavictorpollan mariawonenburger felisaredondovalin from chusiadai

PROXECTA "DONAS DE SÍ": NO ENTROIDO, A MULLER NA HISTORIA

Imagen
ORGANIZAMOS COMPARSAS COA TEMÁTICA DE MULLERES PIONEIRAS NO SEU TEMPO...

(Profesoras: Beatriz García López, Mª Ángeles Salgado Iglesias, Mª del Mar Lorenzo González, Mª Belén González Otero e Mª Jesús Gil Castro)


PROXECTA "DONAS DE SÍ": MALETA TEMÁTICA

Imagen
RECOLLEMOS NUNHA MALETA OBRAS PROTAGONIZADAS OU CREADAS POR MULLERES...

(Profesora: Mª Ángeles Salgado Iglesias, Departamento da Biblioteca)



PROXECTA "DONAS DE SÍ": CALENDARIO ESCOLAR SOBRE A MULLER NA ANTIGÜIDADE

Imagen
FACEMOS VISIBLE O PAPEL DA MULLER NA HISTORIA ANTIGA...

(Profesora: Yolanda Villamor Portomeñe)

Esta actividade fíxose en tres grupos de 1º de ESO, no primeiro trimestre do curso, nas sesións de Ciencias Sociais.

        Obxectivo:

Facer visible o papel da muller na historia antiga.

Deseño e descrición:

A profesora propón en cada grupo trinta nomes de mulleres destacadas da antigüidade (ata Roma, incluida).
Unha vez feito o reparto de nomes, o alumnado elabora un dossier sobre a figura feminina que lle tocou. Este dossier debe constar dun pequeno texto que conteña os logros e méritos desa figura histórica, e unha imaxe que serva para a súa identificación.
Logo, cada alumna e cada alumno prepara e realiza unha exposición ante a clase sobre a muller asignada, coa finalidade de conseguir que sexa unha das elexidas para formar parte do calendario.
Despois destas exposicións, faise a votación na que son elexidas as doce mulleres que van figurar no calendario.
E, por último, deséñase e prep…

PROXECTA "DONAS DE SÍ": MURAIS NAS PORTAS DAS AULAS

Imagen
DECORAMOS AS PORTAS DAS AULAS COA TEMÁTICA "MULLERES NA CIENCIA"

(Profesoras: Mª Belén González Otero e Mª Jesús Gil Castro)

Esta actividade foi realizada en decembro, nas aulas de 1º de ESO, en sesións de Lingua Castelá e Titoría.
Comezamos realizando un traballo de investigación sobre mulleres que destacaron no ámbito das ciencias, consensuamos a estrutura do mural (forma e contido) e, despois de establecer os equipos de traballo, fixemos o reparto das distintas partes de composición do mesmo.
A idea que o alumnado quixo transmitir a través deste mural é que o traballo das mulleres é un agasallo para a humanidade que é nesesario facer visible e darlle o valor que se merece.
Neste vídeo podedes ver o resultado...