Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2017

DÍA DO AUTISMO

Imagen
O ANXEL FOLE RECORDA E FALA DE AUTISMO (Profesoras: Belén González Otero, Mar Lorenzo, Mª Jesús Gil Castro, Biblioteca e Dpto. de Orientación) O día 3 de abril, luns, todo o IES Anxel Fole (alumnado, profesorado e personal de servizos) recordamos que o día 2 de abril é o Día Mundial do Autismo. Os preparativos comezaron a semana anterior: o alumnado de 2º de ESO aportou a idea de encher o noso centro de corazóns e globos azuis, e o alumnado de 1º de ESO colaborou recortando e regalando pegatinas, coas que manifestamos o noso orgullo de compartir todos os días do ano con persoas con TEA. MOITAS GRAZAS A TODO O IES ANXEL FOLE!

ASOCIACIÓNS E DIVERSIDADE FUNCIONAL

Imagen
REDACCIÓN DE CARTAS FORMAIS DE INVITACIÓN E CONTACTO CON ASOCIACIÓNS QUE TRABALLAN COA DIVERSIDADE FUNCIONAL (Profesoras: Mª Ángeles Salgado Iglesias, Belén González Otero, Begoña Prado González e Mª Jesús Gil Castro) Esta actividade realizouse en dúas sesións de Lingua Castelá e Literatura e de Ámbito Lingüístico de 1º de ESO C e 2º de PMAR, a finais do mes de xaneiro. Presentamos o proxecto Aulas I+I e propoñemos a posta en marcha dunha das primeiras tarefas do mesmo: o coñecemento e o contacto con asociacións de Lugo que traballan pola inclusión e pola igualdade das persoas con diversidade funcional. Unha vez feito o acercamento ás distintas asociacións, redactamos cartas de invitación seguindo o modelo dunha "carta formal". Os froitos desta actividade foron moi satisfactorios: encontro con CAPACES, visita á COGAMI e obradoiro de RAIOLAS.    Cartas a las asociaciones de chusiadai Redaccións da visita a Cogami de chusiadai

ACTIVIDADE DE NADAL: TI PODES!

Imagen
FACEMOS UN PINO DE NADAL CON MENSAXES MOTIVADORAS (Profesoras: Belén González Otero e  Mª Jesús Gil Castro) Esta actividade fixose en dúas sesións de Lingua Castelá e Literatura en 1º ESO C e D, no mes de decembro. Comezamos coa lectura dunha noticia do xornal, na que se narran as experiencias educativas e vitais dos gañadores e gañadoras dos premios extraordinarios da ESO no curso 2015-2016,  premios ao esforzo e á superación, que concede a Consellería de Educación. Logo, propoñemos facer unha árbore de Nadal con mensaxes motivadoras, insistindo na idea "Todo é posible, inténtao..." O resultado podédelo ver no seguinte vídeo...