Entradas

Mostrando entradas de junio, 2017

A DIVERSIDADE FUNCIONAL NO XORNAL

Imagen
FIXEMOS UN OBRADOIRO CON TEXTOS DOS XORNAIS...  (Profesora: Mª Jesús Gil Castro) En Lingua Castelá, en 1º de ESO , realizamos unha compilación de noticias e artigos da prensa coa temática da diversidade funcional e fixemos unha análise da linguaxe empregada e do seu contido.

ENQUISA ¿SOMOS UNHA SOCIEDADE INCLUSIVA?

Imagen
FACEMOS UNHA ENQUISA SOBRE INCLUSIÓN (Profesoras: Beatriz García López e Mª Jesús Gil Castro) Este traballo foi realizado en 1º de ESO D nas sesións de Lingua Castelá e Matemáticas. Nunha clase de Lingua redactamos as preguntas e decidimos facer a recollida de datos entre persoas con diversidade funcional e persoas sen diversidade funcional para contrastar os resultados. Tamén acordamos distribuír os datos obtidos en diferentes franxas de idade. En Matemáticas fíxose a tarefa de representar o cómputo das enquisas en diagramas de barras e de sectores. As conclusións máis salientables son as seguintes: O termo "Diversidade funcional" é o máis empregado polas persoas que viven esta realidade. A maior parte das persoas entrevistadas pensan que os estudantes con diversidade funcional deben asistir a centros ordinarios.  Percibimos claramente que a maioría opina que as persoas con diversidade funcional distáncianse moito de ter oportunidades para conseguir un trab

VIDA E MÁIS CA VIDA

Imagen
ENCONTRO CON RUBÉN RIÓS (Alumnado de 1º de ESO, 2º de ESO, 3º de PMAR, 4º de ESO C e 1º de BAC C) Hay persoas, momentos, miradas, sorrisos, palabras...que che revolven a vida, que che abren os ollos, que che descobren a verdade... Si, sempre estivo aí, pero ti non a vías, e parecíache que mirabas na dirección correcta, parecía que todo indicaba hacia onde ti ías, hacia o que ti facías...que equivocada estaba! Cando pensei en participar no proxecto Aulas I+I, pensei en todos os coñecementos e experiencias que nos podía reportar...pero en ningún momento me imaxinei que o máis importante ía ser o encontro e reencontro con persoas, persoas cheas de vida que che aprenden a mirar de verdade, a rir de verdade, a agarimar de verdade, a escoitar de verdade... Ver o documental Máis ca Vida e a curtametraxe Vida  foi impactante para min, e velos co meu alumnado, ainda o foi moito máis. Neses momentos desexei gravar as súas expresións, bágoas e risas, que reflectían o alcance dunha obra que

PONTE NA SÚA PEL

Imagen
FOMENTAMOS A EMPATÍA E O COÑECEMENTO DA DIVERSIDADE FUNCIONAL!  (Profesoras: Belén González Otero, Begoña Prado González e Mª Jesús Gil Castro) Esta experiencia foi diseñada pola profesora de Pedagoxía Terapéutica, Belén, e levada á práctica nas sesións de Oratoria en 1º e 2º de ESO . Experiencia "Ponte en su piel" de chusiadai

DEPORTE E DIVERSIDADE FUNCIONAL

Imagen
DEPORTISTAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL: A ÉLITE DO DEPORTE, A ÉLITE DA VIDA! (Profesoras: Beatriz García, Belén González Otero e Mª Jesús Gil Castro) Este traballo foi realizado nas sesións de Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas, na segunda avaliación, con 1º de ESO C e D . En Lingua Castelá, presentouse como elemento motivador a análise de dúas noticias deportivas dos últimos xogos olímpicos. Logo, propuxemos a elaboración de exposicións orais nas que o alumnado debería falar dun deportista con diversidade funcional, aportando datos da súa traxectoria vital, deportiva e profesional e centrándose nos seus logros e na súa capacidade de superación. Os materiais recopilados para as exposicións foron empregados para realizar un mural nas fiestras do salón de actos. En Matemáticas, empregáronse dúas sesións, na primeira cada alumno ou alumna buscou a información que tiña sobre os atletas paralímpicos dos que fixeran o traballo para Castelán, e elaboraron o enunciado dun proble

A HISTORIA NUNHA ESCALEIRA

Imagen
OUTRO EXEMPLO DE METODOLOXÍA INCLUSIVA (Profesora: Mª Angeles Salgado Iglesias) Esta é a explicación da profesora Mª Ángeles sobre esta actividade en 2º   PMAR : "Karl Ploetz (1819-1881), erudito alemán, foi o primeiro en usar cronoloxías para o estudo e o ensino da historia mundial. Outros eruditos seguiron o exemplo de Ploetz, en especial o físico alemán Werner Stein (1913-1993), que empregou liñas cronolóxicas sincronizadas para amosar a evolución de diferentes ámbitos da actividade humana (política, relixión, literatura, ciencia e tecnoloxía, etcétera). A chegada da tecnoloxía dixital abriu novas posibilidades na ilustración das liñas cronolóxicas da historia mediante manoscritos, libros, mapas, fotografías e outros documentos que funcionan como fontes primarias. Nós, desde o ámbito sociolingüístico de 2º de PMAR , tratamos de aproveitar este xeito de traballar que combina diferentes disciplinas e diversos tipos de fontes (visual, escrita, sonora) para elaborar unha liñ

CAFETERÍA ACCESIBLE

Imagen
CARTA DO MENÚ DA CAFETERÍA ADAPTADA (Profesora: Paula Álvarez Regal) Despois da visita de CAPACES, asociación de Lugo que traballa na adaptación do entorno para as persoas con TEA, o alumnado de 2º de PMAR pensou en facer para a cafetería do instituto unha carta de menú adaptada. A adaptación de cartas de menús de restaurantes e cafeterías en Lugo é unha das actividades que realiza CAPACES. A presentación que nos fixeron deste traballo e dos beneficios que reporta para a mellora da independencia e autonomía de persoas con diversidade funcional, fíxonos pensar: e por que non na nosa cafetería?         

ESQUEMAS CON PICTOGRAMAS

EXEMPLO DE METODOLOXÍA INCLUSIVA E MOTIVADORA (Profesora: Belén González Otero) Este traballo foi realizado polo alumno de 2º de ESO ,   Néstor Lázaro Madruga Vázquez , nas sesións coa súa profesora de Pedagoxía Terapéutica. A través da elaboración destes esquemas con pictogramas, imaxinados e realizados por Néstor, consolídase a (auto)aprendizaxe e favorecemos a integración, pois estes materiais apórtanse á clase como material didáctico que pode reforzar e complementar o proceso de ensino-aprendizaxe de todo o alumnado. Néstor, ademais de aprender da maneira que máis lle gusta, ve que o seu traballo tamén serve para que outros aprendan. Traballos Nestor de chusiadai

PICTOCANCIÓN: ¿CÓMO TE LLAMAS?

Imagen
RECREACIÓN DUN POEMA DE GLORIA FUERTES (Profesorado: Felisa Redondo Valín e Juanjo García Rodicio) Na Antoloxía de Pictopoemas de 3º de ESO podedes disfrutar desta orixinal e creativa versión...

ANTOLOXÍA DE PICTOPOEMAS

SELECCIÓN DE POEMAS CON PICTOGRAMAS (Profesora: Felisa Redondo Valín) Este traballo foi realizado polo alumnado de 3º de PMAR nas sesións de Ámbito Lingüístico e Social, coa súa profesora Felisa Redondo Valín. Podedes ver no blog de aula de Felisa ( clubpoetasinsomnes.blogs.pot.com.es ) a explicación detallada da metodoloxía e obxectivos desta actividade. Transcribo aquí unha parte da mesma: "Los pictogramas constituyen una herramienta activa de (auto)aprendizaje que desarrollan la comprensión lectora, contribuyen al progreso en la expresión oral y escrita, ayudan a relacionar y construir conceptos, fomentan la creatividad, la interacción y la participación activa. Por otro lado, el ritmo y la musicalidad estimulan el aprendizaje. Recitar un poema mejora la dicción, la memoria auditiva y estimula el amor por la palabra y su sonoridad. Esa conciliación con la lectura y escritura fue lo que motivó   a un grupo de alumnos y alumnas de 3º de ESO a realizar esta Antología de