Entradas

Mostrando entradas de junio, 2018

PROXECTA "DONAS DE SÍ": A MULLER EMPRENDEDORA GALEGA

Imagen
ESTUDAMOS E ANALIZAMOS A IMPORTANCIA DA APORTACIÓN DA MULLER EMPRENDEDORA GALEGA Á SOCIEDADE... (Profesora: Raquel Paz Meilán) Este traballo realizouse co alumnado de 4º de ESO na materia Iniciación á actividade emprendedora e empresarial. A finalidade que se perseguiu foi introducir a perspectiva de xénero naqueles aspectos que inciden na elección do futuro profesional do alumnado. Favorecer o desenvolvemento de actitudes e comportamentos que contribúan a eliminar actitudes sexistas e a evitar os prexuízos e estereotipos de xénero. Baseándose en todo o anterior, o alumnado fixo un estudo e análise da aportación das mulleres emprendedoras en Galicia. Elaboraron presentacións dixitais que expuxeron ao resto da clase e comentaron as distintas conclusións ás que chegaron, recoñecendo os valores e as achegas destas mulleres á innovación cultural, científica e intelectual ou á xeración de riqueza e benestar. Tamén valoraron os avances feitos pola figura feminina conquistando novos

PROXECTA "DONAS DE SÍ": ENTREVISTA A VÍCTOR POLLÁN

Imagen
COÑECENDO A MARÍA WONENBURGER... (Profesora: Felisa Redondo Valín) Entrevistavictorpollan mariawonenburger felisaredondovalin from chusiadai

PROXECTA "DONAS DE SÍ": NO ENTROIDO, A MULLER NA HISTORIA

Imagen
ORGANIZAMOS COMPARSAS COA TEMÁTICA DE MULLERES PIONEIRAS NO SEU TEMPO... (Profesoras: Beatriz García López, Mª Ángeles Salgado Iglesias, Mª del Mar Lorenzo González, Mª Belén González Otero e Mª Jesús Gil Castro)

PROXECTA "DONAS DE SÍ": MALETA TEMÁTICA

Imagen
RECOLLEMOS NUNHA MALETA OBRAS PROTAGONIZADAS OU CREADAS POR MULLERES... (Profesora: Mª Ángeles Salgado Iglesias, Departamento da Biblioteca)

PROXECTA "DONAS DE SÍ": CALENDARIO ESCOLAR SOBRE A MULLER NA ANTIGÜIDADE

Imagen
FACEMOS VISIBLE O PAPEL DA MULLER NA HISTORIA ANTIGA... (Profesora: Yolanda Villamor Portomeñe) Esta actividade fíxose en tres grupos de 1º de ESO, no primeiro trimestre do curso, nas sesións de Ciencias Sociais.         Obxectivo: Facer visible o papel da muller na historia antiga.         Deseño e descrición : A profesora propón en cada grupo trinta nomes de mulleres destacadas da antigüidade (ata Roma, incluida). Unha vez feito o reparto de nomes, o alumnado elabora un dossier sobre a figura feminina que lle tocou. Este dossier debe constar dun pequeno texto que conteña os logros e méritos desa figura histórica, e unha imaxe que serva para a súa identificación. Logo, cada alumna e cada alumno prepara e realiza unha exposición ante a clase sobre a muller asignada, coa finalidade de conseguir que sexa unha das elexidas para formar parte do calendario. Despois destas exposicións, faise a votación na que son elexidas as doce mulleres que van figurar no calendario. E,

PROXECTA "DONAS DE SÍ": MURAIS NAS PORTAS DAS AULAS

Imagen
DECORAMOS AS PORTAS DAS AULAS COA TEMÁTICA "MULLERES NA CIENCIA" (Profesoras: Mª Belén González Otero e Mª Jesús Gil Castro) Esta actividade foi realizada en decembro, nas aulas de 1º de ESO, en sesións de Lingua Castelá e Titoría. Comezamos realizando un traballo de investigación sobre mulleres que destacaron no ámbito das ciencias, consensuamos a estrutura do mural (forma e contido) e, despois de establecer os equipos de traballo, fixemos o reparto das distintas partes de composición do mesmo. A idea que o alumnado quixo transmitir a través deste mural é que o traballo das mulleres é un agasallo para a humanidade que é nesesario facer visible e darlle o valor que se merece. Neste vídeo podedes ver o resultado...

PROXECTA "DONAS DE SÍ": CALENDARIO DE ADVIENTO

Imagen
TRABALLAMOS COA BIOGRAFÍA DE MARÍA WONENBURGER (Profesora: Beatriz García López) En decembro, completamos un calendario de adviento, dende o día 1 ata o comezo das vacacións de Nadal, con fragmentos da vida de María Wonenburger. Este traballo realizouse en 1º de ESO B e C   nalgunhas sesións de Matemáticas e de titoría.

LECER INCLUSIVO NO IES ANXEL FOLE

Imagen
TEMPO DE LECER: TEMPO PARA COMPARTIR E DISFRUTAR Neste curso 2017-18 o IES Anxel Fole puxo en marcha o Plan de Convivencia, e unha das medidas que se implantou foi a organización do tempo de lecer, sen esquecernos de incluir a todo o alumnado. Presentámosvos un vídeo con todas as actividades e mais o proxecto "Lecer inclusivo" que redactou o profesorado implicado.     Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole ies anxel fole (1) from chusiadai

CLUB DE LECTURA "Á lus do candil"

Imagen
FALAMOS DO QUE LEMOS E LEMOS DO QUE FALAMOS! O Club de lectura do IES Anxel Fole móstranos as súas actividades do curso 2017-18 neste vídeo... Veredes como un dos obxectivos do noso club e fomentar a participación de todo o alumnado que disfruta coa lectura, a conversa e un anaquiño de doces e sorrisos.