PROXECTA "DONAS DE SÍ": A MULLER EMPRENDEDORA GALEGA

ESTUDAMOS E ANALIZAMOS A IMPORTANCIA DA APORTACIÓN DA MULLER EMPRENDEDORA GALEGA Á SOCIEDADE...

(Profesora: Raquel Paz Meilán)

Este traballo realizouse co alumnado de 4º de ESO na materia Iniciación á actividade emprendedora e empresarial.
A finalidade que se perseguiu foi introducir a perspectiva de xénero naqueles aspectos que inciden na elección do futuro profesional do alumnado. Favorecer o desenvolvemento de actitudes e comportamentos que contribúan a eliminar actitudes sexistas e a evitar os prexuízos e estereotipos de xénero.
Baseándose en todo o anterior, o alumnado fixo un estudo e análise da aportación das mulleres emprendedoras en Galicia. Elaboraron presentacións dixitais que expuxeron ao resto da clase e comentaron as distintas conclusións ás que chegaron, recoñecendo os valores e as achegas destas mulleres á innovación cultural, científica e intelectual ou á xeración de riqueza e benestar.
Tamén valoraron os avances feitos pola figura feminina conquistando novos ámbitos antigamente reservados aos homes.







Comentarios

Entradas populares de este blog

DEPORTE E DIVERSIDADE FUNCIONAL

ANTOLOXÍA DE PICTOPOEMAS

VIDA E MÁIS CA VIDA