Entradas

PROXECTA "DONAS DE SÍ": CALENDARIO DE ADVIENTO

Imagen
TRABALLAMOS COA BIOGRAFÍA DE MARÍA WONENBURGER (Profesora: Beatriz García López) En decembro, completamos un calendario de adviento, dende o día 1 ata o comezo das vacacións de Nadal, con fragmentos da vida de María Wonenburger. Este traballo realizouse en 1º de ESO B e C   nalgunhas sesións de Matemáticas e de titoría.

LECER INCLUSIVO NO IES ANXEL FOLE

Imagen
TEMPO DE LECER: TEMPO PARA COMPARTIR E DISFRUTAR Neste curso 2017-18 o IES Anxel Fole puxo en marcha o Plan de Convivencia, e unha das medidas que se implantou foi a organización do tempo de lecer, sen esquecernos de incluir a todo o alumnado. Presentámosvos un vídeo con todas as actividades e mais o proxecto "Lecer inclusivo" que redactou o profesorado implicado.     Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole ies anxel fole (1) from chusiadai

CLUB DE LECTURA "Á lus do candil"

Imagen
FALAMOS DO QUE LEMOS E LEMOS DO QUE FALAMOS! O Club de lectura do IES Anxel Fole móstranos as súas actividades do curso 2017-18 neste vídeo... Veredes como un dos obxectivos do noso club e fomentar a participación de todo o alumnado que disfruta coa lectura, a conversa e un anaquiño de doces e sorrisos.

A DIVERSIDADE FUNCIONAL NO XORNAL

Imagen
FIXEMOS UN OBRADOIRO CON TEXTOS DOS XORNAIS...  (Profesora: Mª Jesús Gil Castro) En Lingua Castelá, en 1º de ESO , realizamos unha compilación de noticias e artigos da prensa coa temática da diversidade funcional e fixemos unha análise da linguaxe empregada e do seu contido.

ENQUISA ¿SOMOS UNHA SOCIEDADE INCLUSIVA?

Imagen
FACEMOS UNHA ENQUISA SOBRE INCLUSIÓN (Profesoras: Beatriz García López e Mª Jesús Gil Castro) Este traballo foi realizado en 1º de ESO D nas sesións de Lingua Castelá e Matemáticas. Nunha clase de Lingua redactamos as preguntas e decidimos facer a recollida de datos entre persoas con diversidade funcional e persoas sen diversidade funcional para contrastar os resultados. Tamén acordamos distribuír os datos obtidos en diferentes franxas de idade. En Matemáticas fíxose a tarefa de representar o cómputo das enquisas en diagramas de barras e de sectores. As conclusións máis salientables son as seguintes: O termo "Diversidade funcional" é o máis empregado polas persoas que viven esta realidade. A maior parte das persoas entrevistadas pensan que os estudantes con diversidade funcional deben asistir a centros ordinarios.  Percibimos claramente que a maioría opina que as persoas con diversidade funcional distáncianse moito de ter oportunidades para conseguir un trab...

VIDA E MÁIS CA VIDA

Imagen
ENCONTRO CON RUBÉN RIÓS (Alumnado de 1º de ESO, 2º de ESO, 3º de PMAR, 4º de ESO C e 1º de BAC C) Hay persoas, momentos, miradas, sorrisos, palabras...que che revolven a vida, que che abren os ollos, que che descobren a verdade... Si, sempre estivo aí, pero ti non a vías, e parecíache que mirabas na dirección correcta, parecía que todo indicaba hacia onde ti ías, hacia o que ti facías...que equivocada estaba! Cando pensei en participar no proxecto Aulas I+I, pensei en todos os coñecementos e experiencias que nos podía reportar...pero en ningún momento me imaxinei que o máis importante ía ser o encontro e reencontro con persoas, persoas cheas de vida que che aprenden a mirar de verdade, a rir de verdade, a agarimar de verdade, a escoitar de verdade... Ver o documental Máis ca Vida e a curtametraxe Vida  foi impactante para min, e velos co meu alumnado, ainda o foi moito máis. Neses momentos desexei gravar as súas expresións, bágoas e risas, que reflectían o alcance dunha obra...

PONTE NA SÚA PEL

Imagen
FOMENTAMOS A EMPATÍA E O COÑECEMENTO DA DIVERSIDADE FUNCIONAL!  (Profesoras: Belén González Otero, Begoña Prado González e Mª Jesús Gil Castro) Esta experiencia foi diseñada pola profesora de Pedagoxía Terapéutica, Belén, e levada á práctica nas sesións de Oratoria en 1º e 2º de ESO . Experiencia "Ponte en su piel" de chusiadai