DECORAMOS AS PORTAS DAS AULAS COA TEMÁTICA "MULLERES NA CIENCIA" (Profesoras: Mª Belén González Otero e Mª Jesús Gil Castro) Esta actividade foi realizada en decembro, nas aulas de 1º de ESO, en sesións de Lingua Castelá e Titoría. Comezamos realizando un traballo de investigación sobre mulleres que destacaron no ámbito das ciencias, consensuamos a estrutura do mural (forma e contido) e, despois de establecer os equipos de traballo, fixemos o reparto das distintas partes de composición do mesmo. A idea que o alumnado quixo transmitir a través deste mural é que o traballo das mulleres é un agasallo para a humanidade que é nesesario facer visible e darlle o valor que se merece. Neste vídeo podedes ver o resultado...
Comentarios
Publicar un comentario