PROXECTA "DONAS DE SÍ": CALENDARIO ESCOLAR SOBRE A MULLER NA ANTIGÜIDADE

FACEMOS VISIBLE O PAPEL DA MULLER NA HISTORIA ANTIGA...

(Profesora: Yolanda Villamor Portomeñe)

Esta actividade fíxose en tres grupos de 1º de ESO, no primeiro trimestre do curso, nas sesións de Ciencias Sociais.

        Obxectivo:

Facer visible o papel da muller na historia antiga.

        Deseño e descrición:

A profesora propón en cada grupo trinta nomes de mulleres destacadas da antigüidade (ata Roma, incluida).
Unha vez feito o reparto de nomes, o alumnado elabora un dossier sobre a figura feminina que lle tocou. Este dossier debe constar dun pequeno texto que conteña os logros e méritos desa figura histórica, e unha imaxe que serva para a súa identificación.
Logo, cada alumna e cada alumno prepara e realiza unha exposición ante a clase sobre a muller asignada, coa finalidade de conseguir que sexa unha das elexidas para formar parte do calendario.
Despois destas exposicións, faise a votación na que son elexidas as doce mulleres que van figurar no calendario.
E, por último, deséñase e prepárase o calendario.

A valoración desta tarefa foi moi positiva, pola alta participación do alumnado e polo interese mostrado. Neste vídeo podedes ver unha breve mostra deste traballo. 

   

Comentarios

Entradas populares de este blog

DEPORTE E DIVERSIDADE FUNCIONAL

ANTOLOXÍA DE PICTOPOEMAS

VIDA E MÁIS CA VIDA